Atrás

OBRADOIRO DE COOPERATIVISMO

OBRADOIRO DE COOPERATIVISMO

 

A Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social, e co financiamento do Fondo Social Europeo, pon en funcionamento unha Oficina de Fomento Cooperativo do Consorcio As Mariñas, para a difusión do cooperativismo, no marco da Rede Eusumo, no ámbito dos concellos de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.

No marco das actividades da Oficina de Fomento Cooperativo, en colaboración co Concello de Carral, xunto con UGACOTA, organízase un Obradoiro:  "Formación cooperativa para persoas que queren emprender" dirixida a desempregados, emprendedores e público en xeral, para dar difusión a fórmula cooperativa como fórmula de éxito e para fomentar o emprendemento.

O obradoiro terá lugar os días: 26, 27, 28 e 29 de MAIO de 2015. 20 horas de duración. De 9 a 14 hs

CENTRO DE FORMACIÓN ANTÓN FRAGUAS

                       Rúa Paleo, 17_ CARRAL

Achegámos a documentación do evento.

Para calquera cuestión, pode poñerse en contacto no teléfono 981784704 ou no enderezo cooperativismo@consorcioam.org

Ficha xornada Cooperativismo:

/documents/20182/0/Ficha+Xornada+Cooperativismo.pdf/805b36b1-c971-4999-ab46-86abfe01dcc7

Cartel xornada Cooperativismo:

/documents/20182/0/Cartel+Xornada+Cooperativismo.pdf/8cd45040-952c-4f0f-92be-3cc9316db170