Atrás

O Plan de Emprego sinala que o Porto Exterior permitirá diversificar e ampliar as posibilidades económicas do Concello

documento, que recolle accións para a dinamización socioeconómica do municipio, indica que Arteixo dispón dunha taxa de desemprego xuvenil inferior ó resto de España

 

O Plan Municipal de Promoción do emprego para o ano 2014 recolle todos os datos socioeconómicos do Concello e establece obxectivos e liñas de actuación para favorece-la empregabilidade e a promoción económica do municipio.

O documento, que cifra en 31.000 habitantes o censo municipal, indica un incremento progresivo dos demandantes de emprego. En xaneiro pasado a cifra acadaba ós 3.533 desempregados, algo menor que no ano anterior.

Un dos aspectos destacados é a distribución do paro en Arteixo. O Plan recolle que o 28'90% do desemprego afecta a menores de 39 anos. O paro entre a poboación xuvenil é inferior ó resto de España onde se sitúa en taxas cercanas ó 55%. Destaca ademáis a equiparación entre a taxa de desemprego masculino, o 50'55%, e o feminino que se achega ó 49'45%.

Por sectores destaca a tendencia á alza no sector servizos polo trasvase dos sectores primarios e secundarios ó sector terciario. As ocupacións máis ofertadas son as de vendedor de tendas e almacén e persoal de limpeza, no caso das mulleres; e peóns de transporte de mercancías e descargadores no caso dos homes.

Arteixo, a pesares de ser un concello coñecido pola súa industria, aglutina á maioría das súas empresas, o 66%, entorno ó sector servizos.

O Plan de Emprego municipal establece obxectivos e liñas de actuación encamiñadas á mellora dos datos de desemprego, a través da formación contínua, obradoiros, ou a disposición de ferramentas tecnolóxicas ó servizo dos demandantes de emprego. Tamén se deseñan accións para incentiva-lo autoemprego; captación e fidelización de inversións para consolidar ó municipio como "un referente nacional socioeconómico e industrial"; e a mellora e dinamización do comercio local.

O documento indica asímesmo a importancia do Porto de Punta Langosteira ou os polígonos de Sabón e Morás como plataformas de despexe para a creación de novas actividades. "Permitirá diversificar e ampliar as posibilidades económicas do Concello de Arteixo".

Podes consultar o documento completo no seguinte enlace