Atrás

O concello de Arteixo entregou noventa diplomas formativos a outros tantos desempregados

Trinta personas das que participaron neste programa integrado de emprego xa están traballando en postos para os que adquiriron formación

O concello de Arteixo entregou hoxe noventa diplomas de formación a outros tantos desempregados nun acto no que participaron a delegada da Xunta, Belen do Campo, a ditrectora xeral de emprego, Ana Díaz, o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, e o concelleiro de Emprego, Manuel Padín.

Nestes cursos participaron 35 mulleres, 35 menores de 30 anos, e 30 desempregados de longa duración que recibiron seis especialidades formativas específicas, nas que se incluíron un total de 15 alumnos por especialidade. Foron, un curso de operario de almacén, un curso de operacións básicas de restaurante e bar, un curso de ensamblaxe téxtil, un curso de xestión de chamadas de teleasistencia, un curso de operacións básicas de cociña e un curso de caixeiro-repoñedor.

A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o concello cofinancian un Programa Integrado de Emprego que se está a desenvolver nos anos 2014 e 2015. No momento de terminación do período formativo, a inserción laboral do Programa Integrado é do 33%.

Nos anteriores programas integrados, 2012-2013 e 2013-2014, acadouse unha porcentaxe de inserción do 56% dos alumnos participantes. Ata xunio seguirase traballando desde o departamento de emprego do concello de Arteixo para conseguir unha inserción aínda mairo a que se conseguiu ata o de hoxe.

Este Programa Integrado ten por obxecto á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadores en situación de desemprego, mediante a posta en marcha dun plan integral que combina accións de información, orientación, asesoramento, formación, práctica laboral, prospección de empresas e intermediación laboral, e mobilidade xeográfica.