Atrás

O Concello de Arteixo e o Centro Comercial Aberto de Arteixo asinaron un convenio de Colaboración.

O CCA e o Concello de Arteixo firmaron un convenio de colaboración que permitirá o desenvolvemento de iniciativas e actividades tales como feiras comerciais, actos culturais ou campañas de promoción local.

Un dos obxectivos do CCA para este exercicio é converter Arteixo nun lugar de ocio nocturno para os sábados da comarca.

Ademais, porase en marcha unha nova campaña de imaxe e de marca que contará, entre outras cousas, con dúas vallas publicitarias co lema "Vives en Arteixo?. Noraboa." que darán a benvida ós visitantes que o concello reciba.

Os estatutos do Centro Comercial Aberto o definen como "iniciativa social sen ánimo de lucro destinada a promover e revitalizar as actividades empresariais e comerciais no Concello de Arteixo, realizar campañas publicitarias, atraccións, actos culturais, estimular as relacións empresariais e profesionais, colaborar e contribuir na organización de un Centro Comercial Aberto por excelencia coma modelo de zona comercial, sufragar gastos de organización de actividades de dinamización e animación de rúa dirixidas a poboación de Arteixo (mercados de rebaixas, pasarelas, actividades animación de rúa, decoración establecementos, etc...), así como do material promocional das actividades".

Entre as actividades programadas para o ano, destacan novas edicións do concurso de tapas e do mercado de oportunidades; e novidades como un concurso de fotografía ou unha campaña de rúa adicada ós negocios de Arteixo que se ocupan do benestar e a saúde.