Atrás

O CONCELLO DE ARTEIXO APOIA A POSTA EN MARCHA DE NOVOS PROXECTOS EMPRESARIAIS

O Concello de Arteixo vai  poñer en marcha por tercer ano consecutivo as axudas municipais a  creación de empresas e a  contratación temporal, dentro do  Plan Municipal de Promoción do Emprego 2014, colaborando de forma activa na creación de emprego  no  municipo arteixán.

 

No ano 2013 ,un total de 56 novos autónomos e empresas solicitaron acollerse as axudas a creación de empresas que a Concellaría de Promoción Económica e Turismo puso a disposición dos  novos empresarios. Estas solicitudes significaron un incremento cercano a un 50% mais de expedientes con respecto a convocatoria do ano 2012 onde se crearon un total de 38 novos negocios.

 

Asemade, dende o  Departamento de Promoción Económica que dirixe Manuel Padín asesoraronse durante o ano 2013 un total de 196 novos proxectos de negocio, axudando e orientando aos futuros autónomos e  emprendedores en todos os aspectos relacionados coa nova  actividade: formas xurídicas, elaboración dun plan de empresa e na  tramitación das axudas estatais , autonómicas o municipais que poidan corresponderlles.

 

Da mesma forma, e seguindo coa loita  contra o desemprego dentro do Concello de Arteixo, un total de 20 empresas solicitaron no ano anterior a subvención a  contratación de desempregados de Arteixo. Esto significa un incremento dun 150% de solicitudes no ano 2013 con respecto a convocatoria do ano 2012,  donde un total de 8 empresas solicitaron esta ayuda.

 

A partida orzamentaria para o ano 2014 adicada  a estas axudas,  incrementase nun 100% con respecto ao  orzamento  no  2013, pasando de 80.000 € a 160.000 €.

 

Dende O Departamento de Promoción Económica (Centro Arteixo Innovación, Pol. Ind. de Sabón, Parc.46) valoran e asesoran todas as iniciativas empresariais que surdan no  municipio.