Atrás

O 15 DE SETEMBRO FINALIZA O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS MUNICIPAIS A CREACION DE EMPRESAS

 

 

O Concello destina este ano 160.000 euros a esta fin o que supón un incremento do 100% con respecto ó ano anterior

O 15 de setembro próximo finaliza o prazo para solicitar as axudas municipais para a creación de emprego. Trátase de dúas liñas establecidas polo executivo local e que subvencionan á contratación e a creación de novas empresas.

As axudas, incluidas no Plan de Municipal de Promoción do Emprego 2014, diríxense, na súa primeira liña, a autónomos ou empresas que se crearan no concello entre o 16 de setembro de 2013 e o 15 de setembro de 2.014. Os interesados poderán recibir axudas de ata 3.000 euros.

A segunda vertiente diríxese a aquelas empresas que contraten a personas desempregadas de Arteixo no mesmo prazo que os anteriores. Poden percibir axudas de ata 6000 euros.

En 2013 solicitaron estas axudas 56 novos autónomos e empresas. Durante ese mesmo período o departamento que dirixe Manuel Padín asesorou un total de 196 nuevos proxectos de negocio, axudando e orientando ós futuros autónomos en todos os aspectos relacionados coa nova actividade.

As axudas para a contratación de desempregados en Arteixo as solicitaron, no pasado ano 2013, un total de 20, o que supuxo un incremento do 150% con respecto ó ano 2012.

solicitaron acogerse a las ayudas a la creación de empresas