Atrás

CURSOS PRL SECTOR AGRARIO

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, dependente da
Consellería de Traballo e Benestar está a organizar diferentes Talleres
de Prevención de Riscos Laborais nas explotacións de productos agrícolas
de calidade de Galicia.

Son talleres de 4 horas de duración, totalmente gratuítos, e os
participantes recibirán un certificado expedido polo Instituto Galego de
Seguridade e Saúde Laboral.

Os próximos talleres convocados son de dous tipos:
- PRL en explotacións de gando vacún
- PRL na mecanización do cultivo da pataca.

Adxuntamos un calendario no que figuran os lugares, datas e horarios
dos talleres, por se son do seu interese, e agradeceriamos que o
divulgasen entre os seus veciños e usuarios.

Adxuntamos, así mesmo, o modelo de ficha de inscrición que se remitirá
ao correo electrónico desenvolvementoruraLissga@xunta.es ou ao fax
981897555, xunto coa copia do DNI do interesado.

Para obter máis información sobre estes talleres, visitar a páxina web
do ISSGA, issga.xunta.es, ou no número de teléfono 981551704.
/documents/20182/0/MODELO+DE+SOLICITUDE_ANEXO+II.pdf/907abe11-89fc-44f5-beca-d88e26655b08
/documents/20182/0/CALENDARIO+TALLERES+PRL+ISSGA.pdf/00d39da9-ca0c-4158-bf5b-54df78bdf95a