Atrás

CURSOS DE ATENCION SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIONS SOCIAIS

 

A Consellería de Traballo e benestar ven de conceder ó Concello de Arteixo unha subvención de 77.109 euros para a realización de dous cursos, de quince prazas cada un, de atención sociosanitaria a dependentes en institucións sociais. Trátase de cursos pertencentes ás Accións formativas para desempregados que pon en marcha a administración autonómica.

Os interesados deben de ter competencias clave e posuír o título de graduado en ESO, Bacharelato ou un ciclo medio de Formación profesional. Deben de se inscribir no servizo público de emprego na primeira semana de xuño.

Os cursos outorgan ós asistentes o certificado de profesionalidade de nivel dous.

 Os interesados teñen que inscribirse no servizo público de emprego na primeira semana de xuño