Atrás

AXUDAS PROGRAMA DE INICIATIVAS EMPRENDEDORAS(I+E+E)

PROGRAMA DAS INICIATIVAS EMPRENDEDORAS E DE EMPREGO (I+E+E)

 

Orde do 30 de maio 2014, publicada no DOG nº110, de 11 de xuño de 2014.

 

Obxecto

 

A finalidade deste programa é xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre a mocidade e mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais en Galicia.

 

Beneficiarios

 

Empresas privadas, calquera que sexa a súa forma xurídica, agás persoas físicas, sociedades civís, comunidades de bens, cooperativas ou sociedades laborais.

 

Tipos de axudas

 

  • Subvención á xeración de emprego estable.
  • Subvención financeira.
  • Subvención para formación.
  • Subvención para o inicio da actividade.
  • Subvención para a concilación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

 

O prazo de solicitude das subvencións será de dous meses desde a data da solicitude de alta na Seguridade Social (subvención á xeración de emprego estable e financeira), e como prazo xeral rematará o día 30 de setembro de 2014.

 

As empresas que iniciaran as súas actividades entre o 1 de outubro de 2013 e o 11 de xuño de 2014 poderán solicitar as axudas ata o 11 de xullo de 2014.

 

 

 

Máis información: CONCELLO DE ARTEIXO

Centro Arteixo Innovación (Promoción Económica e Turismo)

Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46

Tfº 981640572