Atrás

AXUDAS A EMPRESAS PARA FINANCIAR O CUSTO DAS PRÁCTICAS PROFESIONAIS NON LABORAIS QUE REALICEN MOZOS/AS NA EMPRESA

Axudas a Empresas para Financiar o custo das prácticas profesionais non laborais que realicen mozos/as na empresa.

Beneficiarios/as: empresas con centro de traballo en Galicia que, logo da sinatura dun convenio de prácticas co SPEG no marco do Real decreto 1543/2011, do 31 de outubro, subscriban acordos con mozos e mozas para a realización de prácticas non laborais.

Detalle das prácticas:

  • en centros de traballo de Galicia
  • de 6 a 9 meses cun mínimo de 4 h/día
  • dirección e supervisión do mozo/a por un titor/a da empresa

Retribución mínima do mozo/a: 80% do IPREM mensual para prácticas de 4 h/día ou 100% do IPREM mensual para prácticas de máis de 4 h/día.

Requisitos das persoas en prácticas:

  • persoas novas desempregadas, inscritas na oficina de emprego
  • entre 18 e 25 anos inclusive
  • tituladas universitarias, F.P. ou Certificado de Profesionalidade.
  • non ter relación laboral ou outro tipo de experiencia profesional superior a 3 meses na mesma actividade (non contan as prácticas da titulación)

Selección: preselección polo SPEG e selección final pola empresa.

Axuda para a empresa: o 75 % do IPREM diario por cada persoa en prácticas por cada día que duren as prácticas.

Prazo de solicitude: Ata o 15 de novembro de 2014.

Máis información:

Concello de Arteixo

Centro Arteixo Innovación

Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46

15142 Arteixo