Atrás

Arteixo recibe unha subvención para contratar a dez persoas perceptoras da Risga

O Concello de Arteixo recibirá da Consellería de Traballo e Benestar unha subvención de 84.529,70 euros para contratar a dez personas preceptoras da RISGA, incluídos nas accións de fomento de emprego que puxo en marcha a Xunta de Galicia.

En concreto, solicitouse a subvención para a contratación durante 7 meses ao 75% da xornada de catro peóns  para o Programa "Brigada municipal de obras", 4 limpiadoras para o "Servizo de limpeza, 1 auxiliar administrativo para o Departamento de Cultura e un conserxe para o  Programa "Aula da natureza". O obxectivo é proporcionarlles a experiencia práctica profesional necesaria para facilitar a súa inserción laboral e aprobar as accións de fomento do emprego no Concello de Arteixo. . O obxectivo do programa que ideou a Xunta é favorecer a inserción laboral destas persoas e evitar que a súa situación de exclusión social sexa permanente. Para beneficiarse dun contrato os perceptores do Risga deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego e levar polo menos seis meses recibindo esta axuda social.