Atrás

Aprobación Plan Municipal de Promoción do Emprego para o ano 2015.

Aprobación Plan Municipal de Promoción do Emprego para o ano 2015.

Un dos elementos que caracterizan o benestar dun territorio sen dúbida, é a situación do emprego, e non só no relativo as taxas de poboación activa ou ocupada, senon na calidade do traballo que se oferta. As administracións públicas deben actuar decididamente, articulando mecanismos que posibiliten a consecución do máximo emprego de calidade posíbel nos seus ámbitos territoriais.

O Concello de Arteixo como administración pública máis cercana aos cidadáns impulsou que dende a Concellería de Promoción Económica se deseñen e poñan en marcha medidas e actuacións concretas para combater a situación de desemprego que está a vivir a población do municipio.

Por mor disto, o Departamento de Promoción Económica elaborou un Plan Municipal de Promoción do Emprego para o ano 2015 que ten coma obxectivo promover o emprego en Arteixo, desenvolvendo novas medidas para lograr unha eficaz intermediación entre a oferta e a demanda de emprego, fomentar o emprego e a súa calidade, así como incentivar as novas iniciativas empresariais.

A Xunta de Goberno Local en sesión do día de onte aprobou este documento que recolle os principais datos de poboación, desemprego e actividade económica no Concello de Arteixo. A partir de estes datos, establece una seríe de obxectivos estratéxicos repartidos entre as áreas de emprego e promoción económica.

Pode consultar o documento no seguinte enlace:

Plan Municipal de Promoción do Emprego ano 2015 Concello de Arteixo