Atrás

APERTURA DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROXECTOS LEADER (anualidade 2014-2015)

 

A Asociación de Desenvolvemento Rural "Mariñas – Betanzos" actúa como entidade colaboradora na xestión do Programa LEADER 2007-2013, sendo o seu ámbito de actuación os concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, Betanzos, Bergondo, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Irixoa, Miño, Paderne,  Oleiros, Oza-Cesuras e Sada.

 

O luns 31 de marzo de 2014, en reunión de Xunta Directiva de Mariñas – Betanzos  aprobouse a apertura do prazo de presentación de solicitudes de axuda do Programa LEADER para as anualidades 2014-2015, do que se poderán empezar a recibir novas solicitudes de axuda a partir do día 2 de abril e que estará aberto ata o 31 de marzo de 2015 (ou que se
comprometan os fondos dispoñibles antes desta data)
 

AGADER  outorgou ao GDR Mariñas-Betanzos fondos por importe de 1.919.146,44.-€ para as dúas anualidades 2014 e 2015 (862.260,91.-€ para a anualidade 2014 e  1.056.885,53.-€ para a anualidade 2015). O importe dispoñible para esta convocatoria resultará do remanente que poida quedar despois de emitir resolución de axuda para aqueles proxectos que quedasen pendentes de resolución da convocatoria anterior, tal e como se establece no punto XVI. Réxime transitorio, das bases reguladoras.

 

No seguinte enlace pódese descargar toda a información (réxime de axudas, formularios, baremación dos proxectos.....):

http://www.marinasbetanzos.org/index.php?option=com_content&view=article&id=19&Itemid=27&lang=gl

 

Máis información en:

Concello de Arteixo-Dpto.Promoción Económica e Turismo 

Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 - Tfº981640572

 

GDR Mariñas - Betanzos
San Marcos, s/n 15318 Abegondo
Tlfno. 981 669 541 / Fax. 981 673 574
mail: info@marinasbetanzos.org
web: www.marinasbetanzos.com