Atrás
AMPLÍASE PRAZO INSCRICIÓN CURSO BÁSICO DE SEGURIDADE E HIXIENE NO TRABALLO PARA TRABALLADORES DA INDUSTRIA PETROQUIMICA
Curso básico sobre seguridade e hixiene no traballo para traballadores das empresas auxiliares da industria petroquímica e refino do petróleo. (30 prazas)
Amplíase o prazo ata o próximo venres 25 de de setembro
Obxectivo:
- Sensibilizar aos alumnos na prevención de riscos laboráis
- Formar en Seguridade Industrial
- Coñecer os riscos específicos do traballo no Complexo Industrial (espazos confinados, permisos de traballo, presenza de ácido sulfídrico...)
Contido:
- Lexislación en Materia de Prevención de Riscos Laborais
- Seguridade no traballo
- Fogo e combustión
- O traballo na Industria Petroquímica e de Refino do Petróleo
- Xestión Medioambiental
- Rescate e primeiros auxilios
Destinatarios. Requisitos:
- Estar empadroado no Concello de Arteixo antes do 01-01-2015
- Ser demandante de emprego
A inscripción realizarase do 14 ao 25 de setembro (ambos inclusive) mediante anexo de solicitude publicado na web municipal ou facilitado no Dpto. de Promoción e Desenvolvemento (Centro Arteixo Innovación).
Datas aproximadas:
- Sesións presenciais (10 h).O 29 de setembro, pola mañá, en horario de 09:00 h a 14:00 h, e pola tarde, en horario de 15:00 h a 20:00 h.
Procedemento de selección
- No caso de que o número de persoas solicitantes supere o número de prazas ofertadas, realizarase un sorteo público o día 21 de setembro ás 10:00 h no Centro Arteixo Innovación. A continuación publicarase o resultado das persoas admitidas na web municipal
Adxunto: Anexo de Solicitude