Atrás

A CONSELLEIRA DE TRABALLO BEATRIZ MATO ENTREGA OS DIPLOMAS AOS ALUMNOS DO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO

 

Programa integrado de emprego desenvolvido no Concello de Arteixo, en colaboración coa consellería de traballo, beneficiou a 90 personas das que 33 acadaron un emprego. Esto supón, en termos relativos, un 37 por cento de éxito, por riba do 35% marcado como obxectivo mínimo.

A Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, entregou hoxe en Arteixo, os diplomas que acreditan a formación dos alumnos que participaron no programa. Mato destacou o traballo da administración autonómica por revertir unhas cifras de desemprego que calificou como "inaceptables" no ámbito local e autonómico.

 

a parte formativa do Plan Arteixo Integra contou con dous tipos de actuacións: especializadas e transversais. Dentro do primeiro grupo, impartíronse cursos de: atención sociosanitaria; operacións de restaurante e bar; patronaxe e ensamblaxe téxtil; animación de espazos comerciais; e traballos de almacén. Simultaneamente, houbo accións formativas transversais centradas no fomento do emprendemento, na busca de emprego, na elaboración do currículum e na prevención de riscos.

O alcalde, Carlos Calvelo, salientou a necesidade de continuar traballando na liña de formación para acadar unha reducción dos índices de desemprego.

 

A Consellería de Traballo e Benestar inviste un total de 101.000 euros neste proxecto. Nestes momentos, hai en marcha en Galicia un total de 30 programas integrados para emprego, que contan cun orzamento total de 2,5 millóns de euros e 1.100 beneficiarios.

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/2922/mato-pon-valor-porcentaxe-insercion-laboral-que-acada-programas-integrados-emprego