Atrás

A Concellería de emprego por en marcha "Reinvéntate 2.0", un plan de formación para mellora-las oportunidades de atopar emprego

 

A Concellería de emprego por en marcha "Reinvéntate 2.0", un plan de formación para mellora-las oportunidades de atopar emprego

Contribuir e fomentar a empregabilidade. Impulsar o autocoñecemento e análise dun mesmo e do mercado laboral e proxectar a nosa diferenciación na web 2.0 para incrementar as oportunidades de atopar un traballo é o principal obxectivo da nova acción formativa que pon en marcha a Concellería de promoción económica.

Trátase dun curso, en dúas edicións, que permitirá ós alumnos aprender novas ferramentas para mellora-la súa empregabilidade e as súas oportunidades de promoción. O video curriculum e a creación dunha marca personal son só algunha das materias que se abordarán ó longo de máis de 30 horas de formación.

Para acceder a este curso hai que estar empadroado no Concello de Arteixo antes de xaneiro de este ano; ser demandante de emprego e estar en posesión dun título universitario. No caso da segunda edición os requisitos son os mesmos aínda que bastará con estar en posesión dun título de ciclo medio/superior ou título de bacharelato.

A inscripción realizarase do 30 de marzo ao 1 de abril.

Os cursos terán lugar, a primeira edición, entre 13 de abril e o 6 de maio. As clases se impartirán os luns, mercores e venres en horario de 09:00 a 14:00. A segunda edición será entre o 8 e o 29 de maio.

No caso de que o número de persoas solicitantes supere o número de prazas ofertadas, realizarase un sorteo público o dia 8 de abril as 10:00 h no Centro Arteixo Innovación. A continuación publicarase o resultado das persoas admitidas na web municipal.